Premio Masonería Aberta - Instituto de Estudios Masónicos de Galicia

Vaya al Contenido

Menu Principal:

Premio Masonería Aberta

Dentro da política de impulso e fomento da investigación e divulgación relacionada coa Masonería, convócase a primeira edición dos Premios de Investigación e Divulgación, coa finalidade de recoñecer e estimular accións relevantes nestes eidos, que contribúan á promoción da Masonería co gallo do tercerio centenario de fundación da Masonería Especulativa o 24 de xuño de 1717
A dotación económica destes premios e proporcionada polo Instituto de Estudios Masónicos de Galicia e pola Gran Loxia Provincial de Castela.
En colaboración coa Facultade de Historia do Campus de Ourense, o Instituto de Estudios Masónicos de Galicia convoca a primeira edición dos Premios de Investigación e Divulgación, de conformidade coas seguintes:

BASES

Primeira- Obxecto da convocatoria

O Instituto de Estudios Masónicos de Galicia, en colaboración coa Facultad de Historia de Ourense, da Universidade de Vigo, considera importante para estimular o estudio dos aspectos historicos e sociolóxicos do papel da Masonería na penínsual Ibérica en xeral, e na Galicia en particular, premiar accións destacadas no ámbito da investigación a divulgación científica, que contribuían interesar ás novas xeracións de investigadores no papel histórico xogado pola Masonería e por destacados masones.
Neste senso, a convocatoria ten por obxecto regular o procedemento para recoñecer, difundir e premiar accións de investigación e divulgación científica, que resulten de interese para os obextos de estudio da mesma.

1. Investigación e divulgación sobre a masonería especulativa: relacionada coa historia da instutición de caracter iniciático, filántrópico, simbólico, filosófico, discreto, selectivo, xerárquico, internacional, humanista e con unha estructura federal, fundada nun sentimento de fraternidade. Asemade, sobre o papel da institución ou os seus membros relevantes na consecución dos obextivos da busqueda da verdad, o fomento do desenvolvemento social e moral da humanidade orientada ó progreso social.

2. Investigación e divulgación sobre os ritos masónicos e a súa simboloxía, como bases exemplificadoreas das suas ensinanzas.

3. Investigación e divulgación sobre aspectos realcionados coa masonería oprativa, tanto dende o punto de vista da orixe mítica, como das institucións ou estructuras sociales que puideron dar orixe a masonería especulativa e o seu impacto na sociedade. Dito apartado abrenge dende as estructuras organizativas e a historia dos constructores dende a época antiga ata ós gremios medievales. Así como todos aqueles aspectos que se encontren relacionados con estes.

4. Inviestigación e divulgación sobre o Dereito Masónico, entendido como o consunto de manuscritos e constitucións que deron lugar as distintas obediencias da masonería tal como a coñecemos nos nosos días

5. Investigación e divulgación sobre a historia da masonería na peninsula Ibérica en xeral e de Galicia en particular ó longo dos 300 años da súa historia.

6. Investigación e divulgación sobre a represión da masonería durante boa parte do século XX en España, tanto dende o punto de vista histórico como legal, e en particular relacionado cos aspectos procesales da Ley de 1 de marzo de 1940 sobre a represión da masonería e do comunsimo, e a actuación do Tribual Especial para a Represión da Masonería e do Comunismo como ferramenta política represiva do pensamento heterodoxo por parte da dictadura.

Dentro de estos puntos poderá pesentarse taballos de fin de grao (TFG),  traballos fin de mestrado (TFM), teses de Doutoramento ou contribucións científicas de alto impacto publicadas nos dous anos anteriores a convocatoria de este premio, coa salvedade de que non teñan sido presentadas previamente a éste en convocatorias anteriores.
Entendese por contribucións científicas aquelas que se realizan nos medios de difusión propios de cada ámbito de coñecemento, como poden ser artigas en revistas indexadas, libros, capítulos de libros, monografías, recensións, etc.

Segunda - Modalidades dos premios

O premio e os accésits no seu caso, consistirán no recoñecemento público outorgado polo Instituto de Estudios Masónicos de Galicia a través dunha certificación oficial que será entregada nun acto institucional organizado a tal efecto.
Asemade ó premio será dotado economicamente cunha dotación de 1.000,00 € por parte do Instituto de Estudios Masónicos de Galicia e da Gran Loxia Provicial de Castela.
O premio tamén incluirá a publicación da obra gañadora por parte do Instituto de Estudios Masóncios de Galicia.
O xurado poderá conceder tantos accésit como estime oportunos, que se ben non terán dotación económica, o Instituto de Estudios Masónicos de Galicia publicará as obras que teñan obtido ditos accésits

Terceira - Solicitude e prazo de presentación

Os/as interesados/as remitirán á Secretaría da Facultade de Historia de Ourense a documentación requirida presentándoa nos rexistro xeral ou auxiliares da Universidade de Vigo, ou nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A documentación presentarase en dous sobres separados (sobre 1 e sobre 2) dirixidos a Decana da Facultade de Historia de de Ourense, os sobres deberán estar pechados e conterán:

•  Sobre l. Nel incluirase o traballo ou mérito, acompañado dun resumo de ata 500 palabras, de ser posible en formato pdf. A documentación presentada non debe conter ningún elemento que o identifique sobre a autoría. No exterior deste sobre, debe figurar "Sobre 1" e como única referencia, o título do mérito presentado.  
•  Sobre 2. Incluirá a solicitude, onde se indicarán os datos e filiación do autor da aportación e toda aquela documentación complementaria que estime oportuna. No exterior deste sobre, debe figurar "Sobre 2" e como única referencia, o título do mérito presentado no Sobre 1.
As contribucións orixinais que concursen nesta convocatoria, serán devoltas ao/á autor/a, unha vez concluído o mesmo. Para iso, o/a solicitante deberá dirixirse por correo electrónico á secretaría do Instituto de Estudios Masónicos de Galicia (secretaría@iemg.gal), nun prazo non superior a dous meses tras a resolución definitiva.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 15 de Xullo de 2018.

Cuarta - Procedemento e criterios de selección

Os premios a considerar na presente convocatoria serán valorados pola seguinte comisión xulgadora:

• A Decana da Facultade de Historia de Ourense ou persoa en quen delegue.
• Un representate da Gran Loxia Provincial de Castela
• O Presidente do IEMG, que actuará como secretario
• Dous investigadores de reconocido prestixio sobre masonería, a designar de forma conxunta pola Facultade de Historia de Ourense e o IEMG.

Os criterios para a valoración dos méritos serán:

• Calidade, rigor e metodoloxía científica axeitada ao problema exposto.
• Impacto factual ou potencial.
A comisión xultgadora poderá declarar deserto o premio de acorde coas valoracións obtidas ou por ausencia de solicitudes.  En caso de que o premio se declare deserto, a súa cuantia se incorporará o premio da seguinte convocatoria.
Tamén, se é preciso e se estima oportuno a comisión xulgadora,  podrá otrogalo exequo entre dous ou mais persoas.
O fallo non estará suxeito á apelación.

Quinta - Resolución do procedemento

A Comisión elevarán as propostas de concesión dos respectivos premios ao presidente do Instituto de Estudios Masónicos de Galicia, quen emitirá a resolución correspondente, que será comunicada en tempo e forma ó gañador ou gañadores.

Sexta – Entrega de premios

A entrega de premios realizarase nun evento público organizado conxuntamente entre o IEMG, a Gran Loxia Provincial de Castela e a Facultade de Historia da Universidade de Vigo. Dito evento terá lugar en Outubro de 2018 coincidindo coa publicación da seguinte convocatoria do premio.

Septima - Aceptación das presentes bases

O feito de participar nesta convocatoria implica a aceptación das súas bases.

Regreso al contenido | Regreso al menu principal