Publicaciones del Instituto - Instituto de Estudios Masónicos de Galicia

Vaya al Contenido

Menu Principal:

Publicaciones del Instituto

Publicaciones
Masonería e República en Celanova

Masonería e República en Celanova

Benito Cancela, o alcalde que salvou o monaterio de San Rosendo.

Disponibilidad inmediata
15.00 € Añadir
A chegada á alcaldía celanovesa do noso protagonista estivo motivada pola decisión do gobernador civil de Ourense de cesar á corporación municipal, que practicamente viña rexendo os destinos da vila ourensá desde a proclamación da Segunda República en 1931, trala vitoria a nivel nacional do Frente Popular. O día 15 de marzo de 1936 tivo lugar o pleno para a toma de posesión do novo Conce-llo, no que resultou elixido alcalde Benito Cancela Rodríguez, un coñecido indiano da vila e dono dun pequeno hotel que, nos meses anteriores, xa sufrira un intenso boicot por parte dalgúns dos seus intolerantes veciños, alentados polo elemento clerical da vila, tras coñecerse a súa filiación masónica e esquerdista; unha dura experiencia que o levou ao extremo de utilizar os seus contactos na masonería para pedir un humilde traballo co que manter á súa familia.
Unha vez na alcaldía, foi quen de perdoar ás chamadas “forzas vivas” clericais e caciquís desta vila, que tanto dano lle fixeran e en vez de aproveitar a ocasión para vingarse desa xente, actuou con decidido coraxe e valentía protexendo ao clero das drásti-cas e radicais accións de represalia que algúns dos seus compañeiros de coalición do Frente Popular querían levar a cabo, impedindo que, a comezos da guerra civil, os seus radicais correlixionarios entrasen a saco no Mosteiro de San Rosendo. Bo e xeneroso coma poucos, o seu carácter humanista, compasivo e tolerante, non impediu que vivira unha cruel represión tralo alzamento fascista do 36. Despois de pasar a guerra agochado nun zulo, comezou un pesadelo interminable de confiscacións, desterro, xuízos e cárcere, até morrer no anonimato e no ostracismo político, sen ter recibido ningún recoñecemento pola institución que presidiu e da que foi expulsado violentamente pola forza das armas.
La Figura de Manuel Suarez Castro M.·.M.·.

La Figura de Manuel Suarez Castro M.·.M.·.

Autor: Hadrían Fernández Alvarado
Edita: Instituto de Estudios Masónicos de Galicia

Disponibilidad inmediata
15.00 € Añadir
Hadrián Fernández Alvarado (Ourense, 1992) é Graduado en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo e conta ademais cun Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional e Ensino de Idiomas  pola mesma universidade co que pretende poder dedicar a súa vida á docencia. Compaxina esta ilusión pola docencia ca súa actividade como historiador, labor na que se centra na Historia política e social en época Contemporánea. Actualmente é investigador do Instituto de Estudos Masónicos de Galicia, onde ten publicada a súa primeira obra Sindicalismo y política en el Ourense de la Segunda República. La figura de Manuel Suárez Castro (IEMG, 2017).

Juan Sieiro González

Juan Sieiro González

Autor: Francisco Javier Quintas Ferreño
Edita: Instituto de Estudios Masónicos de Galicia

Disponibilidad inmediata
15.00 € Añadir
Francisco Javier Quintas Ferreño (Tui, 1979) é Licenciado en Humanidades e Máster en Tic´s Aplicadas á Educación pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes en Contextos Escolares pola Universidade de Vigo. Docente no ensino secundario, investigador e Delegado da Fundación Tilve en Ourense, tamén colabora como membro do Consello de Redacción da Revista Claridade. A súa labor como historiador céntrase no estudo dos movementos sociais e obreiros na provincia de Ourense, tendo publicado diversos artigos sobre a materia e obras como Historia do movemento obreiro na provincia de Ourense, 1895-1936 (Fundación Luís Tilve, 2012) ou Amoeiro 1936: a barbarie silenciada (Fundación Luís Tilve, 2014).

Grao 18º do R:.E:.A:. e A:., foi Venerable Mestre da R:.L:S:.. Atlántica nº 84 de Vigo, Pasado Gran Vixilante Provincial da Gran Logia Provincial de Castilla (G.L.E.), membro da R:.L:.S:. Saint Jacques nº 140 (S. de Compostela), e membro do Supremo Consejo del R:.E:.A:. y A:. del Grado 33 para España na Loxa de Perfección Caballeros de la Fraternidad Galaica e o Capítulo Rosacruz Antonio Romero Ortiz (A Coruña). Actualmente é membro do Instituto de Estudios Masónicos de Galicia.

Análisis lineal de los rituales del Rito Escoces Antiguo y Aceptado

Análisis lineal de los rituales del Rito Escoces Antiguo y Aceptado

Edición Coleccionista.

Disponibilidad inmediata
15.00 € Añadir
Edición propia del Instituto de Estudios Masónicos de Galicia, edición coleccionistas, con el número de ISBN: 978 84 608 4457-0.
Ediciones Digitales
Juan Siero González

Juan Siero González

Disponibilidad inmediata
6.00 € Añadir
La Figura de Manuel Suarez Castro

La Figura de Manuel Suarez Castro

Disponibilidad inmediata
6.00 € Añadir
Masonería e República en Celanova - Benito Cancela

Masonería e República en Celanova - Benito Cancela

Disponibilidad inmediata
6.00 € Añadir
Tres biografías

Tres biografías

Las tres biografías a un precio especial

Disponibilidad inmediata
12.00 € Añadir
Regreso al contenido | Regreso al menu principal